O alumnado de 1º ESO C representamos esta historia para o resto do alumnado de 1º da ESO. Lemos o conto de Adela Turín, na edición de Kalandraka, e convertémolo en escenas, ilustradas por nós, que mostramos en kamishibai, unha forma de contar unha historia moi popular en xapón. As láminas colócanse e orde nun soporte, un teatriño que se chama butai, e vanse pasando mentres se e o texto escrito por detrás.
A historia destas tartarugas invitábanos a reflexionar sobre as relacións de parella. A súa non funcionaba porque Artur cría que era el o que se tiña que encargar de que Clementina fose felize quería soluconar todos os problemas mercándolle cousas que Clementina tiña que cargar na súa cuncha. Ata que ela se fartou, liberouse da cuncha e marchou a vivir a súa propia vida. Saír con alguén non che dá dereito a dicirlle como ten que vivir. A maneira de demostrar o amor é deixar que a outra persoa poida ser libre de tomar as súas decisións e nunca obrigar a alguén a facer o que nós queremos.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?