O alumnado de 1º da ESO fomos hoxe a Padrón para visitar a casa-museo de Rosalía, a casa na que viviu nos seus últimos anos, rescatada polo Padroado e rehabilitada grazas a moitas doazóns seguindo as indicacións da súa filla Gala que viviu ata os 90 anos. Soubemos que fora filla de solteira, de pai crego, que por esa razón nacera en Santiago e fora bautizada no que hoxe é o Hostal dos Reis católicos, daquela Hospital de Peregrinos. De nena viviu cunhas tías en Ortoño e logo marchou coa súa nai para Santiago onde recibe formación e participa na vida cultural. En Madrid coñeceu ao que sería o seu home, o escritor Manuel Murguía. Na casa puidemos ver moitas fotos dela, do seu home e dos seus cinco fillos porque tivo outros dous pero morréronlle, un de pequeniño e outra xa naceu morta. Vimos cadros do seu fillo Ovidio, que era pintor. Puidemos percorrer a cociña da casa, cunha gran lareira e o seu cuarto, coa cama na que morreu na que cada día colocan unha flor da fermoso xardín que rodea a casa. Na parede, afrase que dixo antes de morrer: "Abride a fiestra que quero ver o mar". Tamén hai una saliña na que se conserva o seu piano. Contáronnos que Rosalía era unha gran apaixonada da música e que sabía tocar sete instrumentos. E, por suposto, una sala coa súa obra en galego e en castelán, con algunas primeiras edicións. Non se conservan manuscritos da súa man porque ante de morrer, de cacro, pediulle a súa filla Gala que os queimase todos. Agora xa coñecemos mellor a esta escritora que é todo un símbolo para a cultura galega.
Logo fomos paseando ata Padrón. Na súa zona vella puidemos merendar e pasar un tempo de lecer. Por último visitamos a igrexa que está na Alameda, á beira do río Sar, entre unha estatua de Rosalía e outra do escritor Camilo José Cela que tamén era de Padrón. Na igrexa explicáronnos que no tempo dos romanos o río Sar era navegable e as barcas atábanse a grandes pedras ou pedróns, como a barca que segundo di a tradición, trouxo os restos apóstolo Santiago. Un deles consérvase baixo o altar da igrexa. É impresionante poder ver algo tan antigo!
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?