4.12.17

ATRÉVETE CO GALEGO NA CELEBRACIÓN DO NADAL


Chega o Nadal e desde os equipos procuramos unha maneira orixinal de decorar o centro, facendo do galego o elemento central. Escollemos as cores azul e prata e eliximos como elemento central da planta baixa unha orixinal ÁRBORE DE NADAL, feita cun anaco de mar en diferentes azuis cortado en forma de triángulo rematado nunha onda e adornada cos peixes de papiroflexia feitos polo alumnado para celebrar o Día da Ciencia en galego. Quedou xenial!



Arredor da árbore organizamos POSTOS DE FEIRA, tamén decorados e azul e prata nos que se ofreceron suxestións para agasallar en galego. Expuxéronse as novidades de narrativa, ensaio, poesía, banda deseñada, música e audiovisual que nos ofreceron as editoriais galegas. Visitamos o Culturgal e trouxemos novidades para dar a coñecer á comunidade educativa xunto con pósters, chapas, cartas en galego para os Reis Magos… Tamén nos puxemos en contacto con Xerais, Galaxia e Consorcio Editorial que nos deixaron novidades en depósito para dalas a coñecer a toda a comunidade educativa.


O alumnado puido baixar á exposición e propoñer o que máis lle gustaba para ter na biblioteca do centro cuxo coordinadora atendeu, encantada, as súas propostas.







No comments:

Post a Comment

e ti que dis?