20.12.17

ATRÉVETE A CANTAR EN GALEGO



Hoxe, o alumnado que formamos parte do EDLG, celebramos unha festa en galego. Primeiro marcámonos como nas discotecas cun selo de corazón que levaba escrito “Quérote” e que funcionaba como entrada. Comezamos coa proxección das fotos e vídeos de todas as actividades que levamos feitas e logo chegou o momento máis esperado: a estrea de vídeos musicais gravados polos equipos para cantar e bailar. O equipo de 1º e 2º da ESO escolleu Medomedá, un tema do álbum de María Fumaça para o que, ademais de bailar, se disfrazaron de todos os personaxes das historia da nosa tradición de terror.  




O de 3º e 4º escollemos Alcolitos, versión galega de Páramo Pictures de Despacito, que ofrece un interesante debate entre a defensa do noso monte tradicional e a plantación de eucaliptos para conseguir cartos rápido sen ter en conta o dano medioambiental. 




O alumnado de Bacharelato escolleu Terra de Dakídarría.


 

O profesorado do EDLG, que tamén participou como cada ano, gravou un vídeo de humor sobre o tema Quero morrer en Jalisia de Monoulious DOP. 

Tras cada proxección, o grupo saíu cantar o seu tema, acompañado polo público nos retrousos.







Tamén cantamos vídeos gravados outros anos polo alumnado de 2º de Bacharelato que xa marcha do instituto como Fai sol de Terbutalina 




ou Quero ver como te ris de Medomedá. 




A festa rematou cunha comida compartida.




No comments:

Post a Comment

e ti que dis?