28.11.17

ATRÉVETE. TOLERANCIA CERO CONTRA O MACHISMO

Vestimos de negro o IES de Rodeira para chorar as asasinatos e o sufrimento causado pola violencia machista e convertemos o noso compromiso pola superación dos estereotipos e a favor da igualdade plena de homes e mulleres en bolboretas brancas. Así, vestidos de negro e coas bolboretas brancas prendidas na roupa formamos unha cadea humana ata a Praza das Pontes onde o alumnado de 2º Bacharelato deu lectura a un manifesto contra a violencia e a favor da igualdade. Ao regreso ao centro, na tea negra que levaba unha semana poñendo de loito o valado exterior e escapando dunha mancha vermella que simbolizaba a violencia , deixamos as nosas bolboretas prendidas para dar testemuña de que  é posible a esperanza se nos atrevemos a romper coas relacións tóxicas e construír un mundo onde o amor nos faga libres e iguais.


No comments:

Post a Comment

e ti que dis?