Na busca de novas oportunidades de negocio e de novos
mercados fóra do seu país, un empresario
vai atoparse con barreiras coma a do
idioma, as normas legais ou a cultura.
O Alumnado de 2º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa pescudou
tanto nas Administracións Públicas coma nas asociacións empresariais procurando
programas de axuda e fomento da internacionalización do galego que poidan
actuar como impulsores de dito proceso. A
Aministración pública galega, en concreto a Secretaría Xeral de Política
Lingüística que depende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, apoia campañas promovidas pola Federación Galega de Parques
Empresariais (FEGAPE) que inciden nas funcións do galego como vía de
comunicación cos países de fala portuguesa. Estas son:
“O galego, chave para os teus negocios no mundo” (2012) e
EXPORTAR EN GALEGO, máis recente,
e que ofrece as seguintes ferramentas:
•Guía para a exportación a países de lingua portuguesa
(2013).
•Plataforma activa en liña,
que ofrece información de carácter económico e empresarial centrada nos
países lusófonos. Inclúe o BUSCADOR PAZ ANDRADE con información específica
sobre:
-mercados
-sectores de actividade e
-oportunidades de negocio.
Non hai máis que
entrar no Portal da Lingua Galega!
Con toda esta información realizamos unha presentación e
unha exposición para o alumnado de ciclos.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?