Hoxe tivemos o pracer de recibir a Francisco Castro para presentarnos o
seu libro “Tes ata as dez”, nun encontro organizado pola biblioteca do
centro.
O alumnado de 4º agardabamos expectante a súa chegada. Tras unha
presentación realizada por varias compañeiras , Francisco Castro falou durante
case unha hora non só da súa última novela senón tamén dos seus comezos como
escritor e da súa propia vida, reflectida sempre nas súas letras.
Posteriormente houbo un coloquio e o acto rematou coa sinatura de libros. Foi
moi agradable. Antes de marchar entregámoslle como agasallo unha pintura dun
artista da zona, Lito Portela.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?