No Nadal, expuxemos as novidades dos produtos culturais:
poesía, novela, teatro, música, banda deseñada… procurando os mellores
agasallos en galego. Pero quixemos levar tamén a presenza do galego a novos
ámbitos.
Os estudos de hábitos sociais e de mercado insisten en que o
galego como lingua propia actúa como un elemento positivo das transaccións
comerciais na relación cos consumidores. O GALEGO VENDE e constitúe un factor
de identificación cada vez máis valorado. Estender o uso do galego na imaxe, no
rotulado e na documentación interna das empresas, asociar o uso desta lingua a
produtos locais e de proximidade, fomentar a etiquetaxe galega ou promover a
utilización do dominio.gal nas webs das empresas é o camiño dun futuro noso.O alumnado de ciclos quixemos transmiitir estes valores do galego á comunidade educativa e fixémolo cun orixinal adorno de Nadal, colgando de pólas de acivro produtos etiquetados en galego e publicidade na nosa lingua. Chamou moito a atención porque eran móbiles e a xente ao pasar dáballes movemento.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?