Como cada ano, unímonos á campaña organizada polos veciños e veciñas do Hío en defensa do seu Entroido, explicando que se trata dunha festa pagada por eles, dunha antiga tradición que conservan viva e vén marcada por un ritual de pasos: encontro entre as diferentes parroquias, percorrido, entrada, corro... sempre detrás dos gaiteiros e gaiteiras, as figuras máis importantes e respectadas do Entroido. Houbo información desde os taboleiros, charlas co alumnado maior impartidas por un alumno e unha alumna que son do Hío e forman parte da comisión de festas, proxección dun audiovisual sobre esta tradición en 3º da ESO e reparto de folletos explicativos a todo o alumnado. As portas están abertas para unirse á festa pero sempre desde o respecto a esta tradición secular.
No punto de reunión xúntanse as comparsas A orde non é
aleatoria. A aldea anfitrioa encabeza a marcha e o resto colócase dependendo da
orde dos palcos en que se vai tocar. O luns primeiro Vilariño, logo O
Igrexario, Pinténs e Vilanova. O martes, Liméns, Nerga e, por último, Donón. Ao
chegar a cada aldea, a comparsa anfitrioa ten que ser a primeira en pasar. Para
ir cambiando a orde hai uns puntos clave nos que unhas se abren cara aos lados
da rúa deixando oco no medio para que o resto pase. Estes puntos non que se fai
o cambio de posición eran, e aínda son, moi importantes e realízanse no lugar
onde remata unha aldea e comeza outra.
Neste punto a aldea, agora anfitrioa que vai en primeiro lugar ábrese cara os
lados e deixa pasar o resto das comparsas que botan vivas na súa honra e pasa a
ocupar a última posición. A nova comparsa anfitrioa ábrese e deixa pasar a
todas as comparsas como saúdo de benvida tamén a base de vivas e finalmente as
seis aldeas ábrense para que a aldea anfitrioa recupere o lugar de honra e
entre na súa aldea como é debido. Este é, sen dúbida, o momento máis importante
de todo o Entroido, o momento en que cada aldea recibe ás demais
comparsas, aos veciños e veciñas das
aldeas do Hío, invitándoas así a gozar do seu lugar.

No comments:
Post a Comment
e ti que dis?