A película "Sicixia", dirixida por Ignacio Vilar e
producida pola galega Vía Láctea Filmes, vén de chegar mañá aos cines de toda España, onde se proxectará en galego con subtítulos en castelán, tras
o éxito acadado no Festival Cinespaña de Toulouse (Francia), no que Marta Lado,
a protagonista, recibiu o premio á Mellor actriz.
Esta longametraxe, protagonizado tamén polo actor Monti
Castiñeiras Sicixia" narra a historia de amor entre Olaia, unha rapaza da
Costa da morte e un técnico que chega alí
para gravar os sons da zona. Este argumento é a escusa para poñer en
valor o inigualable patrimonio material e inmaterial desta zona de Galicia, así
como da Rapa das Bestas de Sabucedo e, en xeral, do idioma, o pobo e a paisaxe
de Galicia.
Podedes vela en todos os cines de Vigo en versión orixinal porque Ignacio Vilar non dobra as súas películas manténdose sempre fiel ao galego e levando a nosa lingua a todas as pantallas do mundo, obtendo moitos galardóns tanto en Europa como en América. Un grupo de profes e nais quedamos para ir a Gran Vía este venres, día 2 de decembro, ás 8:00h diante das taquillas. Podedes unirvos todos e todas as que queirades. Vémonos alí!
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?