Hoxe celebrouse a primeira sesión do club de lectura Vaidelibros, aberto
a toda a comunidade educativa. O libro escollido no remate do Ano Castelao foi
Os vellos non deben de namorarse,
aproveitando que Teatro do Morcego a está a representar en Cangas.
Contamos coa presenza de Celso Parada, que é o director e tamén actor nesta
montaxe, representando un dos tres vellos da historia. actor e director de
teatro, cine e televisión. Foi moi interesante poder falar con el dunha obra
que acababamos de ver representada. Contounos ademais moitas anécdotas do seu
traballo como actor na TVG e das diferenzas entre o teatro e o cine e a
televisión.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?