Xa tivemos a primeira reunión por nivel dos equipos formados
con alumnado voluntario. Recibimos unha chave coa que fixemos un colgante,
decorándoa ao noso gusto con esmalte de unllas, papel e tea de cores. Quedaron
moi orixinais! Levámolo con nós para que nos lembre todo o curso o noso
compromiso de sacar o galego que levamos dentro e abrir con el novas portas de
comunicación no instituto, na casa, en Cangas e no mundo.
15 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?