O 26 de setembro celebramos o Día Europeo das
Linguas. E non hai mellor xeito de celebralo que aprender cousas novas sobre a
diversidade lingüística que nos caracteriza porque todos os europeos e europeas
vivimos rodeados de moitas linguas que debemos protexer porque son o noso maior
patrimonio cultural. Non deixes de pasar polo corredor do 1º andar para
comprobar canto sabes das linguas de Europa contestando a un test que preparamos
o alumnado de 2º da ESO. Por cada dez respostas acertadas conseguirás unha
lingua doce para celebrar que ti tamén valoras a riqueza da diversidade
lingüística e cultural. Deixámosche aquí o test para que practiques…
Tamén haberá linguas doces mañá, venres 25, na
celebración do Día Europeo das Linguas nos dous recreos. Ven participar sacando
unha lingua do globo terráqueo e colocándoa no mapa de Europa.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?