23.9.15

CONSTRUÍNDO UN CORAZÓN PARA QUERER FALAR EN GALEGO



Non hai mellor acto de amor a unha lingua que falala. Un pode pensar que o que fai non é importante, pero cada alumno ou alumna, cada profesor ou profesora, cada membro do persoal non docente, cada pai ou nai cada membro da comunidade educativa, cada persoa de Cangas, cada galego ou galega, cada estranxeiro que a aprende cada un de nós somos a peza dun quebracabezas co noso nome escrito que non ten sentido se permanece soa pero que encaixa cando se une ás pezas dos demais e vai tomando a forma dun gran corazón que simboliza un compromiso xa non individual senón comunitario: o EU transfórmase en NÓS e as forzas multiplícanse na defensa do noso maior patrimonio: a nosa lingua. Así o fixemos na 1ª reunión do equipo: todos e todas fomos pezas que encaixaron para formar o noso corazón de equipo, o centro do lema que permanecerá nun gran cartel todo o curso á entrada do centro. Lembrade que a semana que vén comezamos xa coas reunións por equipos no 2º recreo de cada día da semana. Tedes os carteis polos taboleiros. Nos esquezades o voso día!
 




No comments:

Post a Comment

e ti que dis?