O alumnado de 4ºD co noso profe do Ámbito Sociolingüístico, Salvador, propuxémonos gravar unha curtametraxe en galego este curso. Comezamos por elaborar un guión no que investigabamos unha desaparición no instituto e mesmo chegamos a gravar unhas escenas pero, por circunstancias que sucederon, tivemos que deixalo e comezar de novo. Nesta nova idea, o protagonista foi o esqueleto do laboratorio de ciencias e colaboraron con nós, Bea, a nosa titora, e Juan, o profe de Plástica, que é andaluz, así que ten moito mérito. Grazas por axudarnos.
15 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?