O
alumnado de Bacharelato aprendeu a través dunha videoconferencia, impartida por
Manuel Caeiro Rodríguez, Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo, a programar
ordenadores en galego. Foi unha actividade organizada pola Coordinadora de
Equiños de Normalización e realizada, á vez, en moitos colexios e institutos de
toda Galicia.
Ademais, como cada ano, celebramos o Día da ciencia en galego cunha actividade especial na que colabora todo o centro. Esta vez o departamento de física e química elaborou unha presentación en galego que daba a explicación científica ao que sucedía cando mesturamos mentos cun refresco de cola
A presentación levouse a todas as aulas que se
prepararon para realizalo poñendo o nome da aula nunha botella de cola que
baixaron ao patio. Formamos con todas un gran G. Os delegados e delegadas
das aulas colocáronse detrás de cada botella mentres se lía un manifesto
reivindicativo e, cando se deu o sinal, botaron os mentos nas botellas e o
refresco saíu con tanta forza como a que queremos que o galego teña na ciencia
e na tecnoloxía.
diadaciencia2014 from
lingualiza
on Vimeo.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?