Xa queda moi pouco para a
estrea de A esmorga, o filme no que o
director Ignacio Vilar leva ao cine a gran novela de Eduardo Blanco Amor. Despois
de Pradolongo e Vilamor, recibimos con moita ledicia esta nova produción na que
permanece o compromiso coa lingua dun director que só ofrece os seus filmes en
galego, rexeitando a dobraxe e accedendo a públicos noutras linguas a través da
dobraxe. A produtora Vía Láctea invitounos a conversar con el e cos tres
actores protagonistas, Miguel de Lira, Morris e Karra Elejalde,
nunha videoconferencia na que foron falando con diferentes institutos.
Preparamos moitas preguntas para facerlles e seleccionáronnos tres. Primeiro
escoitamos como ían conectando con outros centros e por fin chegou a nosa
quenda e puidemos falar con eles. Foi moi emocionante… Tamén temos unha saída
programada para ir vela todo o alumnado de Bacharelato e ciclos que queira. Que
gusto poder gozar do galego en pantalla grande!
15 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?