Achégase a noite do Samaín, na que se abre a porta que nos comunica co mundo dos espíritos. Para irmos preparando esa conexión, o equipo de dinamización da lingua galega invitounos a buscalos nos textos literarios, convocando un concurso de escenarios que recreasen algún dos relatos galegos que teñen como protagonistas ánimas e seres que viven entre o mundo dos vivos e dos mortos. Tamén se poden presentar textos orixinais escritos por vós e dramatizados ou recreados nas aulas. Nestas presentacións tedes moitas ideas. Animádevos a participar!
15 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?