Chega o 26 de setembro, Día europeo das Linguas, e xa estamos a preparar o centro para a ocasión. Escollemos traducións dunha das cantigas medievais máis coñecidas de Martin Códax -a primeira das sete recollidas nese tesouro do que puidemos gozar por primeira vez en Vigo este ano: O pergamiño Vindel- dunha publicación coa que nos agasallou a Universidade de Vigo, coordinada por Xosé-Henrique Costas González.
Cubrimos a cristaleira con papel celeofán coas cores do mar de Vigo e as Cíes ao fondo.
Diante, un mar de linguas no que mergullarse, formado por tiras co poema orixinal, a tradución e información sobre cada lingua colgadas dun entramado de fíos de cores. Así foi como quedou:
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?