Toda a comunidade educativa estaba invitada a achegarse hoxe, 26 de setembro, a celebrar o Día europeo das linguas. Tiramos da bóla do mundo un verso escrito nunha das 35 linguas ás que tiñamos traducido un poema galego de Claudio Rodríguez Fer.
Logo buscamos na rede, onde estaban colgados os poemas, para identificar en que lingua estaba o verso que nos tocara.
Unha vez localizada a lingua, había que preguntarse onde se falaba. Se non coñeciamos a lingua, podiamos buscar información sobre ela na propia exposición.
Para rematar, celebramos o noso compromiso coa marabilla da diversidade lingüística saboreando unha lingua doce.
Houbo moitísima participación. A defensa de todas as linguas do mundo deixounos moi bo sabor de boca.
Se non puideches achegarte ou queres seguir celebrándoo, aínda podes xogar ás adiviñas nos taboleiros do primeiro andar, onde están as traducións pero o nome e a información da lingua aparece tapado. Cando saibas recoñecer dez linguas, terás dereito a unha nova lingua doce.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?