Hoxe tivemos
unha clase de Bioloxía no río Saíñas, que queda moi preto do instituto.
Primeiramente fomos á desembocadura onde a auga non ten case movemento e
fixemos una proba para saber a calidade da auga, comprobando o nivel de osíxeno
e os posibles contaminantes. Despois fomos río arriba observando e aprendendo tamén
os nomes científicos da flora e da fauna que pode vivir nestas condicións. Canto
máis nos afastabamos da desembocadura, máis rápido fluía a auga. Tivemos que
recoller toda a información para logo traballala na aula.
As saídas
para facer estudos sobre o medio favorecen a nosa aprendizaxe porque son moito
máis prácticas que na aula. Apreciamos os elementos e a flora e a fauna en vivo
e en directo e aprendemos que a realidade non é tan esquematizado como nolo
contan nos libros de texto. Podemos investigar, buscar e observar directamente,
sen que nolo dean todo feito. Aprendemos de todos e ata o profesor pode
descubrir cousas novas. Este tipo de
saídas axúdanos a valorar o entorno que nos rodea.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?