6.3.17

PARLAMENTO XOVE DA ESO

Esta fin de semana Carla Gil, Isaac Piñeiro, Antón Iglesias e mais eu, Valeria Rodríguez, fomos ao Parlamento Xove en representación do alumnado da ESO do IES de Rodeira para debater sobre se deberiamos cambiar a idade legal para poder mercar alcohol.

Levabamos ben preparadas, despois de moito tempo e esforzo, tanto a postura a favor como en contra xa que ata cinco minutos antes de cada debate non sabes que postura che vai tocar defender.

“Bos días a todos, moitísimas grazas pola súa atención. O meu nome é Valeria."

Así me ía presentando en cada debate. Ao cabo do día rematei afogada, case sen voz. Aquela noite pasámolo ao grande entre os compañeiros de Rodeira e novos amigos, media noite conversando. O peor foi erguerse pola mañá. Volvemos debater e esperamos con moitos nervios as puntuacións. Despois de comer tivemos a tarde libre. Nunca crin que faría tan boas amizades. Ao rematar a viaxe, intercambiámonos números e aínda agora seguimos en contacto. Incrible!






No comments:

Post a Comment

e ti que dis?