Celebramos, cun día
espectacular, o gran concurso de comparsas con moita participación, en especial
do alumnado maior. Foi tocar o timbre do 2º recreo e comezar a desfilar polo
instituto habitantes dunha polis grega, unha selección de deportistas
olímpicos, personaxes do conto de Alicia, supernenas e científicos, futbolistas
e animadoras, turistas, personaxes da Idade Moderna, deuses e deusas gregas,
militares e árabes, personaxes de Grease… con moitas ganas de festa e de
criticar profes e deberes nas súas coplas, en galego, como ten que ser.
Pero o profesorado non quedou calado e decidiu converterse por un día en Dora, a desbrosadora, o famoso personaxe do Bichero, e deixar ben claro que hai moito que desbrosar no alumnado, nas novas programacións e no xardineiro enviado polo concello que, cunha poda salvaxe, nos deixou sen árbores no xardín.
entroido16 from lingualiza on
Vimeo.
Pero o profesorado non quedou calado e decidiu converterse por un día en Dora, a desbrosadora, o famoso personaxe do Bichero, e deixar ben claro que hai moito que desbrosar no alumnado, nas novas programacións e no xardineiro enviado polo concello que, cunha poda salvaxe, nos deixou sen árbores no xardín.
entroido profes from
lingualiza
on Vimeo.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?