Por iso celebramos o Día
da paz pintando o lema no chan do patio. Convertemos de novo a bóla do mundo
nun corazón con cordas vermellas sostidas polo alumnado de 1º da ESO. E logo
todo o resto da comunidade educativa encheu de sentido as letras: A PAZ, O TEU
COMPROMISO colocándose dentro delas mentres dabamos lectura a un manifesto. E
rematamos cunha chuvia de caramelos.
MANIFESTO DO DÍA DA PAZ
A paz quere o teu compromiso. De ti, de vós, depende que isto non sexan só palabras baleiras. Por iso vos pedimos que, dun xeito simbólico, todos e todas os que estades dispostos a comprometervos pola paz vos coloquedes enriba das palabras que están pintadas no chan e vos unades aos vosos compañeiros e compañeiras estirando os brazos ata ir formando as letras.
Porque todos e todas xuntos podemos conseguir que os desexos de paz non sexan palabras baleiras senón pequenos feitos que constrúan ao noso redor un mundo máis xusto e solidario.
MANIFESTO DO DÍA DA PAZ
Celebramos hoxe o Día escolar pola Paz e a
non violencia. Como falar de paz nun mundo enfrontado, cheo de guerras e
conflitos, de muros e arames espiñentos? Como falar de paz e que non parezan
palabras baleiras como esas que vedes pintadas no chan?
É
fácil botar a culpa aos gobernos, aos poderosos, aos intereses económicos
e efectivamente temos que denunciar os
abusos dos que se enriquecen a costa dos máis débiles, dos que queren impoñer
unha única forma de vivir e de pensar, a súa propia. Está moi ben ter unha
postura crítica coa situación mundial e coa forma de gobernar, esixindo medidas
máis xustas para todos e todas. Pero tamén temos que saber ser críticos con nós
mesmos. Todos e todas vivimos no mundo e temos un mundo arredor de nós. Cada
día temos moitas oportunidades de afastar de nós a violencia e ir trenzando como
estamos a facer con estas cordas
vermellas pequenos actos de amor, de comprensión, saber regalar un sorriso,
unha palabras de ánimo, esforzarnos por escoitar, fomentar o diálogo e o consenso, respectar ao que
pensa diferente, poñerse no lugar do outro para tratar de entender, saber
compartir, poñerse do lado do que sofre…
pequenos actos que van trenzando un gran corazón que fará do lugar en
que vivimos un sitio mellor.A paz quere o teu compromiso. De ti, de vós, depende que isto non sexan só palabras baleiras. Por iso vos pedimos que, dun xeito simbólico, todos e todas os que estades dispostos a comprometervos pola paz vos coloquedes enriba das palabras que están pintadas no chan e vos unades aos vosos compañeiros e compañeiras estirando os brazos ata ir formando as letras.
Porque todos e todas xuntos podemos conseguir que os desexos de paz non sexan palabras baleiras senón pequenos feitos que constrúan ao noso redor un mundo máis xusto e solidario.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?