A idea foi do equipo de 3º e resultou xenial. Eles
presentáronnos a Slenderman, un personaxe moi actual creado na rede e tirado dun
xogo dixital que lles gusta moito.
Foi doado entroncalo coa nosa tradición porque se aparece no
bosque como a nosa Santa Compaña e provoca a desaparición dos nenos e nenas como o noso home do saco ou o sacauntos. Recreamos
así nun gran escenario, mesmo na entrada do instituto, o bosque como espazo
do terror, con árbores entre as que se entrevían dous grandes murais, un da
Santa Compaña e outra dun home-lobo, feitos por alumnado
maior. No centro do bosque construímos as figuras: o modernísimo Slenderman, que causou sensación co seu rostro sen
cara, os seus tentáculos e as notas en galego colgadas das árbores, que foron deixando as súas vítimas e que van marcando os pasos do xogo na rede; o tradicional home co saco ao lombo do que saían unhas pernas de boneca. E máis adiante, allea aínda ao seu tráxico destino, a universal carapuchiña vermella, unha nena loura recollendo flores. Quedounos espectacular!
Acompañamos o escenario con información sobre o bosque como
escenario de terror de moitas historias da tradición galega e universal e
sobre os personaxes recreados.
O alumnado de 3ºB invitou ademais a Slenderman á súa aula e compuxo e cantoulle unha canción en galego.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?