Hoxe rematou a 1ª semana de froita deste curso. Pensamos
que cada vez a xente nova ten máis claro a importancia de consumir froita e por
iso nos encanta esta campaña. Tivemos plátanos, peras, mazás e mandarinas. Todo
estaba boísimo, sobre todo no 2º recreo que saímos sempre con moita fame... Antes
non te atrevías moito a levar froita nos recreos por se che miraban raro. Pero
con esta campaña que xa empezou o ano pasado, ver ao alumnado comendo froita é
xa o máis normal do mundo.
O luns 20, o alumnado de 4º presentámoslles
a campaña MÓVETE, RESPIRA E COME FROITA FRESCA ao alumnado de 1º da ESO, que é
novo no instituto. Foi unha actividade organizada polo departamento de
ciencias, educación física e lingua galega, que valorou como eramos capaces de
dirixírmonos aos grupos falando en galego para explicarlles a importancia do
exercicio ao aire libre e dunha dieta saudable na que ter que estar sempre
presente a froita. Para motivalos a participar, presentámoslles as mascotas e
organizamos un concurso no que tiñan que conseguir puntos, comendo froita cada
día da semana. Funcionou moi ben porque se avisaban uns a outros para nos
despistarse. Ao final da semana repartimos premios entre o alumnado que comera
froita todos os días e animámolos a seguir reunindo puntos nas seguintes
semanas da froita. Aquí tedes as fotos que fixemos nas aulas.
O alumnado do CM de administrativo coa súa profe Marga Varela estase encargando de toda a xestión relacionada coa froita como un exercicio práctico do seu módulo de Comunicación e atención á clientela. Fan os pedidos, recollen e comproban os albarás, cobren un rexistro e finalmente comproban a factura para pagar á froitería e mandar as copias compulsadas ao FOGGA a quen temos que xustificar a subvención que nos conceden. Grazas pola vosa axuda!
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?