Aquí tedes as fotos da xincana do alumnado de 1º da ESO, na que competiron en grupos, saíndo unha parella de cada vez, para contestar o maior número de preguntas no mínimo tempo, buscando a información nos taboleiros da exposición do SAMAÍN e memorizándoa. Parellas de alumnado do equipo de 4º da ESO axudaron ao alumnado máis pequeno a gardar a orde de saída, a buscar nos taboleiros e tamén fixeron de xuíces e xuízas escoitando as súas respostas en perfecto galego e selando as tarxetas para dar saída á parella seguinte.
15 years ago
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?