8.2.13

TI ES PARTE DUNHA CULTURA CON TRADICIÓNS PROPIAS. ACTÍVATE E CELEBRA O ENTROIDO.



Un éxito absoluto o noso concursos de comparsas e coplas satíricas en galego, co sol como invitado máis desexado. Houbo críticas aos profes e aos deberes que converteron en vellas e vellos ao alumnado de 1º da ESO; recibimento hawaiano de 3º da ESO para gozar, convertidos en turistas, dunha estancia especial en Rodeira Door, crise e corrupción como tema estrela dos leñadores de 1º de bacharelato que parecían dispostos a cortar cabezas; das señoras da limpeza ou dos bañistas arrastrados polo tsunami de 2º de bacharelato. Tamén nos maiores houbo queixas ao exceso de traballo convertido en sacrificio humano na recreación dun pobo maia ao ritmo da canción da abella Maya. Non faltaron orixinais disfraces individuais que tamén participaron no concurso. E xa, fóra de concurso, a comparsa dos profes convertidos en persoal sanitario coidando un ensino público convertido en esqueleto en cadeira de rodas, criticando a redución de orzamentos e a nova lei ao rimo de “Resistirá...Resistirei”.

coplas from lingualiza on Vimeo.


E lembramos a toda a comunidade educativa o grande esforzo dos veciños de Hío na organización do seu Entroido, explicando o seu desenvolvemento. Animamos a todos e todas a participar desde o respecto e o sentidiño.




No comments:

Post a Comment

e ti que dis?