Xa estamos na 2ª semana que nos concederon de froita. Non esquezas vir buscar a túa froita nos recreos. Ademais de mazás de diferentes tipos, plátanos e peras, esta semana tamén temos mandarinas e amorodos.
Xa vos decatariades de que polos corredores convertemos a tentación do doce en froita, soa, en macedonia ou en deliciosas sobremesas para preparar en casa coas receitas que enchen os taboleiros. E aprendemos unha chea de xeitos de expresar en galego o moito que nos gustan. Porque así non hai quen se resista a tomar froita.
E tamén hai que aproveitar para aprender un pouco. O alumnado de 2º da ESO realizou unha presentación con fotos de árbores e froitas para aprenderlle aos de 1º da ESO os nomes que non coñecían.
Con esa información elaborouse unha grande árbore na parte central da planta baixa co tronco feito de papel adhesivo marrón da que colgaban as diferentes froitas co seu nome en galego e tamén o da árbore froiteira. E tamén carteis cos nomes das froitas en diferentes linguas.
E tamén seguimos coa campaña publicitaria. Aquí tedes fotos do reparto do que se encargaron os de 3º e dos anuncios que atopastes polos corredores.
E que vos parece o noso spot motion?
stopmotionc from lingualiza on Vimeo.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?