17 years ago
3.3.20
CONTRAPUNTO -de Tanxugueiras- UN CANTO AO FEMINISMO
Aquí tendes os actos organizados polo Concello na celebración do Día da muller. Xa comezamos o venres. Vémonos no Auditorio ás 21:15 para a presentación do novo traballo de Tanxugueiras, Contrapunto. Non faltedes que vale moito a pena!!!
MULLERES QUE DERRUBAN FRONTEIRAS
Ese foi o reto para os departamentos na celebración do Día da Muller: encher os corredores do centro e as rúas de Cangas coas mulleres, de todas as épocas históricas e de todos os ámbitos científicos e culturais, que derrubaron as fronteiras que as limitaban e abriron paso aos dereitos dos que gozamos hoxe. Todas elas van tecendo unha rede de cores á que todas e todos estamos invitadas a unirnos, a da IGUALDADE.
O alumnado de Animación Socioeducativa reflexionou sobre cales son esas fronteiras que aínda hai que derrubar para conseguir a igualdade e convertéronas en pedras dun muro que invita a reflexionar a toda a comunidade educativa.
O alumnado de Animación Socioeducativa reflexionou sobre cales son esas fronteiras que aínda hai que derrubar para conseguir a igualdade e convertéronas en pedras dun muro que invita a reflexionar a toda a comunidade educativa.
fronteiras
from lingualiza
on Vimeo.
27.2.20
ROSALÍA NA VOZ DE ROSALÍA
Hai unha Rosalía, eterna e nosa. E hai outra Rosalía que canta e que nos gusta moito ao alumnado adolescente. A nosa Rosalía vén de que estar de aniversario e queriamos agasallala cun regalo especial. E descubrimos que MJ Pérez, unha cantante galega actual, tiña un fermoso proxecto que unía as dúas Rosalías, unha versión do poema "Castellanos de Castilla" da nosa Rosalía coa música da canción "Malamente" da outra Rosalía. Por iso o noso agasallo será cantar esta versión do poema cando vaiamos visitar a nosa Rosalía na súa casa-museo en Padrón.
Nós xa coñeciamos a dor do emigrante en Adiós ríos, adiós fontes que aprendemos cantar no colexio. En Castellanos de Castilla sentimos o sufrimento do que queda, unha rapaza que perdeu o seu mozo porque morreu a causa do maltrato que sufriu na emigración que os galegos facían a Castela para traballar na sega.
Aquí tedes o poema musicado na voz de MJ Pérez. Nós xa estamos a ensaiar.
24.2.20
DÍA DE ROSALÍA : AMBOS ERRANTES POLO MUNDO ANDAMOS
A Asociación de Escritoras e
Escritores en Lingua Galega (AELG) convídanos un ano máis a celebrar o Día de
Rosalía o 24 de febreiro. E centran a nosa reflexión na visión da nosa poeta
sobre o ser humano como ser errante, sentindo a dor do que marcha gañar o pan e
a dor do que queda. Uns versos que invitan á empatía con todos os pobos que,
coma o noso, se ven forzados a marchar e por iso seguen sendo hoxe vacina
contra a intolerancia e a xenofobia.
MANIFESTO DA
ASOCIACIÓN DE ESCRITORAS E ESCRITORES EN
LINGUA GALEGA NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2020
Ambos errantes
polo mundo andamos, dixo a muller. Daquela, as xentes silenciadas, ás que lle
roubaran ata as palabras, recuperaron o alento. Fixérono de golpe. Souberon
decontado o que eran, o que somos. Transmatria errante nunha humanidade
errante. Seres humanos que vagaron e vagan; que pularon e pulan; que morreron e
morren na procura do pan e da liberdade. Logo, a muller aquela, desafiando leis
masculinas, sentenciou: Toda a terra é dos homes e das mulleres. Toda a terra.
Foi evidente entón que ela xa non
precisaba apelidos. Sería sempre Rosalía, e había sinalar futuros e denunciar
dores e inxustizas. Errantes polo mundo.
A súa palabra inzou poderosa,
precisa, contundente. Outra vez os vaivéns da fertuna / para lonxe me
arrastran, afirmou, así que axiña entendemos que os camiños nos igualan e os
tránsitos nos fan humanos.
Si, Ambos errantes polo mundo
andamos! Elas e nós. Ti e mais eu. Nosoutres.
Camiñamos. Marchamos. Fuximos. E,
no medio do desamparo, da dor da partida, do mundo deixado e do degoirado,
Rosalía amosou o desconsolo de migrar e o afliximento de ficar. Tamén nos
aprendeu a ollar, a saber, a ser. Dende entón a nosa voz foi para sempre
palabra de muller. No éxodo infinito. A nosa voz errante polo mundo.
Velaquí talvez o inaudito.
Rosalía, unha daquelas que debían ser silenciadas pola forza, daquelas que
pretenderan enmudecer tantos deuses e leis dun heteropatriarcado opresivo,
ergueu a palabra libre e entregóunola. Será por iso que habemos ser unha anomalía? Unha transmatria errante con voz de
muller. Unha nación errante que nos iguala no camiño coas desposuídes. Ambas
errantes polo mundo. Mais que é de Rosalía agora?
Vivimos tempos duros, sen dó, nos que rexorden discursos de odio e medo. Decotío,
vemos homes que acenan carraxes co seu dedo. Berregan palabras de ferro. As
vítimas son sinaladas polos verdugos. No entanto, nesta transmatria nosa
conservamos armas lilas contra a desolación. Fabricounas unha muller con versos
irredentos. Vacinas contra a xenofobia que han formar parte do noso ADN. Sermos
errantes ha impedir que a arañeira do odio medre no corazón. Grazas a Rosalía
temos o sangue envelenado coa afouteza das que foxen. Infectado con versos que
denuncian e nos fan ser as outres. A miseria está negra en torno deles / ai!, i
adiante está o abismo!, dixo. Si, o abismo. Cemiterios no mar. Refuxiadas.
asasinadas. O silencio.
Cremos por iso en identidades
errantes, aquelas que elixamos nós. Ninguén ha decidir o noso xénero nin os
afectos. Ninguén nos ha retirar dereitos nin nos ha facer súbditas. Ninguén nos
ha expulsar de ningures, porque Rosalía instalou en nós a insubmisión de ser e
un futuro para soñar. El serán os seus versos un andazo? Insubmisión na
denuncia da violación e da violencia de xénero: que morden si acariñan, que
cando miran queiman/ que dan dores de raiba, que manchan e que afrentan.
Insubmisión contra o poder e o capital: Embargaránnos todo, que non teñen/ esas
xentes conciencia, nin tén alma. Insubmisión contra quen coloniza, contra quen
explota: déronlle fel por bebida/ peniñas por alimento.
É difícil imaxinarnos sen
Rosalía, como é difícil alentar sen ar ou vivir sen auga. É difícil
entendérmonos sen nos saber errantes. Fagamos vivos os seus versos en cada
persoa que foxe, en cada ser humano que chimpa un muro, que se bota ao mar, que
decide o seu futuro e a súa identidade libremente. Levamos no sangue a valentía
de quen camiña e, grazas a Rosalía, sabemos que as errantes tamén somos nós.
Contra o medo e a intolerancia. Errantes polo mundo e sempre libres!
Daniel Asorey
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
(AELG)
21.2.20
CHEGA O ENTROIDO!
E dámoslle a saída co noso concurso de coplas e disfraces. Éxito total cunha participación moito maior da agardada!
Pastora abandonou como cada ano a secretaría para sentar na mesa do xurado xunto con tres alumnos -Raúl, Antón e Néstor- e unha alumna -Ángela que son todo un referente despois de seis anos no instituto participando en todas as actividades. O mellor xurado que podiamos ter!
E este foi o fallo inapelable do xurado:
-1º premio: 2º Bach A, pescando aprobados
-2º premio: 1º ESO B, con Grease
- 4º premio: 1º ESO C, preparados para as Olimpíadas.
E, coma sempre, éxito total da comparsa do profesorado que este ano ían de exploradores á procura do alumnado que non aparece pola aula.
Pastora abandonou como cada ano a secretaría para sentar na mesa do xurado xunto con tres alumnos -Raúl, Antón e Néstor- e unha alumna -Ángela que son todo un referente despois de seis anos no instituto participando en todas as actividades. O mellor xurado que podiamos ter!
E este foi o fallo inapelable do xurado:
-1º premio: 2º Bach A, pescando aprobados
-2º premio: 1º ESO B, con Grease
- 4º premio: 1º ESO C, preparados para as Olimpíadas.
E, coma sempre, éxito total da comparsa do profesorado que este ano ían de exploradores á procura do alumnado que non aparece pola aula.
profes from
lingualiza
on Vimeo.
18.2.20
EROSKI PARAISO: CINE NO AUDITORIO
Nova proxección do Cine Club
Cangas no Auditorio. Este venres, ás 21:00 horas, quedamos para ver
"Eroski Paraíso" , baseada na obra teatral de "Chévere" e
protagonizada por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo e Cris Iglesias. Narra a
historia de Álex (Cris Iglesias), unha nova cineasta que decide facer unha
película sobre a vida dos seus pais, que se coñeceron na discoteca Paraíso en
1989, convertida agora nun supermercado.
30.1.20
UNHA FLOR NO CANO DUN FUSIL
E chegou o Día da Paz. O alumnado maior veu ás nosas aulas e ensinounos a facer flores vermellas inspiradas nos cravos portugueses.
E fomos baixando á exposición onde conversamos sobre o que aprenderamos ao longo destas semanas sobre as revolucións pacíficas
lemos os nosos manifestos e colocamos as nosas flores vermellas no cano dos fusís como símbolo do noso compromiso coa loita non violenta a favor dos dereitos humanos como único camiño para a paz.
E fomos baixando á exposición onde conversamos sobre o que aprenderamos ao longo destas semanas sobre as revolucións pacíficas
lemos os nosos manifestos e colocamos as nosas flores vermellas no cano dos fusís como símbolo do noso compromiso coa loita non violenta a favor dos dereitos humanos como único camiño para a paz.
28.1.20
FARIÑA: TEATRO NO AUDITORIO
A adaptación teatral da obra
"Fariña" de Nacho Carretero chega este venres e sábado ao Auditorio
Municipal de Cangas, da man de Xosé Antonio Touriñán cun elenco formado tamén
por Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Igrexas e Sergio Zearreta nun espectáculo de gran formato que conta a
historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do século pasado.
Vémonos o venres, ás 20:30
horas na porta do Auditorio.
21.1.20
GUADI GALEGO, PREMIO Á PROMOCIÓN DA REALIDADE PLURILINGÜE DO ESTADO
Euskadi, Cataluña, Galicia, Valencia, Navarra e Baleares
conceden este galardón á artista galega polo seu último traballo discográfico
multilingüe 'Immersion', integrado por músicas cantadas en sete linguas
peninsulares: galego, castelán, asturiano, catalán, euskera, occitano-aranés e
tamén portugués.
O disco conta con numerosas colaboracións de divers@s artistas, tanto da escena galega ( Iván Ferreiro, Andrés Suárez, Xabier Díaz…) como da nacional e internacional (Judit Neddermann, Lisandro Aristimuño, Álex Ínsua…).
O disco conta con numerosas colaboracións de divers@s artistas, tanto da escena galega ( Iván Ferreiro, Andrés Suárez, Xabier Díaz…) como da nacional e internacional (Judit Neddermann, Lisandro Aristimuño, Álex Ínsua…).
En portugués, Guadi canta co Ana Bacalhau, solista do grupo
Deolinda, o tema Matriarcas.
20.1.20
A PAZ É ACCIÓN: AS REVOLUCIÓNS PACÍFICAS
Da man da revoluçao dos cravos, o alumnado pescudou información sobre outras revolucións pacíficas que tiveron lugar ao longo da historia e que conseguiron e están a conseguir un mundo máis xusto e igualitario, a mellor maneira de traballar pola paz. E colocaron a información nos taboleiros laterais da planta baixa.
17.1.20
CAMBIEMOS BALAS POR FLORES: A REVOLUÇAO DOS CRAVOS
Comezamos un novo ano retomando o noso proxecto de derrubar fronteiras entre galego e portugués á vez que descubrimos na nosa historia outras formas de resolver conflitos que renegan da violencia. E por iso escollemos, como inspiración para celebrar o Día escolar pola paz e a non violencia, achegármonos a un feito histórico portugués, compartido por moitos galegos: a revoluçao dos cravos. E o departamento de Xeografía e Historia púxose mans á obra seleccionando vídeos en portugués para achegar ao alumnado á realidade da ditadura, ás terribles consecuencias da guerra colonial, ao Grândola, vila morena de Jose Afonso soando na radio e á xente echendo as rúas e colocando cravos nos fusís dos soldados.
Tamén preparamos unha pequena presentación deste feito histórico que ocupou o centro da planta baixa xunto a un gran exército de fusís feitos con papel marrón.
Tamén preparamos unha pequena presentación deste feito histórico que ocupou o centro da planta baixa xunto a un gran exército de fusís feitos con papel marrón.
Subscribe to:
Posts (Atom)



