27.2.20

ROSALÍA NA VOZ DE ROSALÍA

Hai unha Rosalía, eterna e nosa. E hai outra Rosalía que canta e que nos gusta moito ao alumnado adolescente. A nosa Rosalía vén de que estar de aniversario e queriamos agasallala cun regalo especial. E descubrimos que MJ Pérez, unha cantante galega actual, tiña un fermoso proxecto que unía as dúas Rosalías, unha versión do poema "Castellanos de Castilla" da nosa Rosalía coa música da canción "Malamente" da outra Rosalía. Por iso o noso agasallo será cantar esta versión do poema cando vaiamos visitar a nosa Rosalía na súa casa-museo en Padrón. 

Nós xa coñeciamos a dor do emigrante en Adiós ríos, adiós fontes que aprendemos cantar no colexio. En Castellanos de Castilla sentimos o sufrimento do que queda, unha rapaza que perdeu o seu mozo porque morreu a causa do maltrato que sufriu na emigración que os galegos facían a Castela para traballar na sega.

Aquí tedes o poema musicado na voz de MJ Pérez. Nós xa estamos a ensaiar.


No comments:

Post a Comment

e ti que dis?