"A louca historia de Galicia" é un percorrido en clave de humor a través da nosa historia.
"A louca historia de Galicia" lévanos por todos eses períodos de luz e de sombras - ás veces de apagamento total - que fixeron de nós o que hoxe somos.
"A louca historia de Galicia" é un paseo polas orixes, costumes e tradicións desta terra de bispos e reis, nobres e servos, heroes e tiranos, situada entre a fin do mundo e o norte de Portugal.
"A louca historia de Galicia" como se di sempre nunha sinopse que se prece, "móstranos uns personaxes na procura da súa identidade", a diferenza está en que esta vez... por fin é certo!
Autores: Manuel Pombal, Manuel Botana.
Actores: Manuel Pombal, Suso Pando, Paulo Medal.
Dramaturgia e Dirección: Manuel Pombal.
Toca rir, que falta fai!! Vémonos na porta do Auditorio.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?