19.4.21

ESCOLLE TEATRO EN GALEGO: MEDIDAXMEDIDA

O Sábado 24 de abril, ás 20:00 horas,. PT EXCÉNTRICAS presenta no Auditorio de Cangas: MEDIDA X MEDIDA, de William Shakespeare, dirixida por QUICO CADAVAL. 

Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cai a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un xoven de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a sua irmá monxa, a abandonar o convento por tres dias coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a sua brancura virxinal. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na sua carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecível baixo o hábito de frade mendicante. Unha comedia negra que coquetea constantemente co desastre. 

No reparto están Melania Cruz, Patricia Vázquez, María Costas, Josito Porto, Santi Romay, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

Vémonos no Auditorio!

No comments:

Post a Comment

e ti que dis?