1.12.20

TARXETA COMERCIO MORRAZO

Retomamos a nosa colaboración con FECIMO, Federación de Comerciantes do Morrazo, informándovos do seu novo proxecto: unha tarxeta coa que pasaredes a formar parte do CLUB de clientes do Comercio Local do Morrazo, recompensando o voso consumo no comercio ou na hostalería das tres vilas da comarca (Cangas, Moaña e Bueu). Esta atractiva ferramenta, que comeza a usarse a partir de hoxe 1 de decembro, vén coa intención de quedarse, sen data de caducidade, e permite que, por cada compra ou consumición que realicen os clientes naqueles negocios asociados a Fecimo, acumulen saldo na súa tarxeta e poidan gastalo cando queiran en forma de descontos nas seguintes compras ou consumicións que desexen (sempre dentro dos negocios adheridos). Avisa na túa casa! Pode adquirirse de forma virtual, rexistrándose mediante un formulario na web de www.comerciodomorrazo.com , ou de forma física solicitándoa directamente nun dos establecementos participantes ou mesmo na oficina de Fecimo.
E aínda hai máis. Se formas parte do Club, poderás adquirir TARXETAS REGALO do Comercio do Morrazo. Apúntate e apoia o comercio local!

No comments:

Post a Comment

e ti que dis?