30.9.20

INICIAMOS AS "QUEDADAS" NO AUDITORIO DE CANGAS

Iníciase un novo curso e recuperamos o noso vello costume de atoparnos para gozar da nosa cultura. A plataforma artística Incendiaria pon en escena Microspectiva dun marica millennial o sábado 3. A obra, que conta co apoio do Centro Dramático Galego, nace da memoria da infancia e da do propio Davide González no colectivo LGTB, o único actor sobre o escenario e coautor deste espectáculo multidisciplinar, aínda que detrás están a dirección de Vanesa Sotelo, a escenografía de Carlos Alonso e a iluminación de Laura Iturralde. Vémonos no Auditorio!

No comments:

Post a Comment

e ti que dis?