Dentro do seu programa de ensino, impartiuse no instituto o obradoiro de concienciación “Descubrindo os microplásticos” que consistiu en detectar a súa presenza na praia de Rodeira e facer una catalogación da súa orixe.
Tamén en colaboración co Concello o alumnado de 4º foi coñecer o EDAR onde aprenderon a importancia de non verter polo fregadeiro aceite e non utilizar o váter coma papeleira (prohibido tirar toallitas, sexan biodegradables ou non, bastonciños, discos desmaquillantes, etc.).
E ao centro de compostaxe onde aprendemos que o lixo orgánico se aproveita de mellor forma transformándoo en compost que tirándoo ao contedor verde. Reutilizar é a mellor maneira de coidar o planeta.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?