Chegou o día de celebrar a nosa homenaxe aos homes e mulleres que, desde as orixes da nosa cultura ata hoxe,
converteron o galego en canción, para falar do amor, da vida, para
protestar ou para facer festa... desde todas as formas e todos os
estilos. Porque a música en galego EXISTE!!!
Agradecemos ás reposteiras e aos reposteiros, que tamén os houbo aínda que menos todo hai que dicilo, as ricas galletas, listas para agasallar a cantos se atrevesen a saír ao palco coa canción escollida e invitamos a todos e a todas a acompañar nos retrousos. Que comece a festa!!!
1º ESO A escolleu a GUADI GALEGO e o seu tema MATRIARCAS, unha fermosísima canción que quere
ser unha homenaxe á presenza e a forza das mulleres na nosa
sociedade.
1º ESO B viñeron rockeiros. Escolleros RUXE RUXE, un dos grupos máis
veteranos do rock feito en galego, co seu tema ROCK DO PAÍS
E chegou a hora de rapear. O alumnado de 1º ESO C escolleu un grupo
de hip hop, tres mozos que se fan chamar Ezetaerre. O tema "Non
é verán de Estrella Damm" é unha crítica contra a invasión
dos turistas e os traballos mal pagados do verán.
2º ESO A tróuxonos un dos maiores éxitos
do grupo Dakidarría, o seu tema Terra.
2º
ESO B co seu titor Darío á guitarra ofreceunos outro tema moi
coñecido. É de Siniestro Total, a canción "Miña Terra
galega".
2º
ESO C quixo ser Ghaiteiro, un tema do grupo de rock os Diplomáticos
de Monte Alto.
E xa lle ía tocando outra vez ás voces femininas que as temos e moi boas. 3º ESO A
escolleu o tema "Anagnórise", unha fermosa canción de
tres rapazas novas que se fan chamar A Banda da Loba.
Volvemos
ao rock, da man de 3º ESO B co tema máis famoso dos Resentidos: Fai
un sol de carallo.
O
alumnado de 3º ESO C preferiu ser máis creativo e tráenos un tema
de rap que compuxeron eles mesmos.
Tamén participou un Grupo de Música que leva funcionando todo o curso desde que se xuntaron para o festival QueroCantar. Ten alumnado de 4º da ESO, FP Básica e Ciclos medios.
Cantaron dous temas: "Un día" de tres rapazas novas que
forman Son Trío
"Benditas feridas", a canción de Rosa
Cedrón que Sabela cantou en Operación Triunfo
O broche de ouro puxémolo o alumnado de Animación de 1º de Bacharelato. Escollemos un tema
CULTURA CRÍTICA no que se unen unha banda de rock galega mítica,
Nao, un grupo de rap, SonDaRúa, e un grupo folc, Tanxugueiras, en
defensa da música en galego.
Tamén cantaron os profes. Escolleron un tema ten que ver co seu traballo de
sementar en nós o amor pola nosa lingua e a nosa cultura. Chámase
"Sementeira". É orixinal de Fuxan os ventos pero cantaron a nova versión que acaba de facer deste tema o grupo Astarot. Por desgraza a cámara xa quedara sen batería e non quedou gravado nin o seu tema nin o himno galego, que non saíu este ano mellor ca nunca, ao son dunha gaita, un tambor e unha pandeireta e con todos a unha voz. Foi, sen dúbida a Festa das Letras máis participativa e chea de enerxía e de ganas de cantar. E non é para menos. Celebramos o orgullo de termos unha lingua propia!
Que pasedes un feliz día das Letras Galegas falando e cantando en
galego!!!
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?