Hoxe, o alumnado de 3º e 4º tivemos teatro no instituto, como parte do
proxecto 365 días pola igualdade que
se está desenvolvendo no centro.
GOLPES é unha obra do director Xosé Leis, na que unha única actriz, Estíbalez
Veiga, cunha escenografía mínima, dá
vida a Pamela, unha moza que ven de sufrir violencia machista. Pamela contounos
a súa vida, os seus soños, o seu romanticismo...; falounos dos golpes que
recibiu, de como entrou no círculo da violencia e do que aprendeu dunha
relación que non debeu vivir. Unha interesante reflexión sobre as desigualdades
que vivimos cada día.
Gustounos moito e o traballo da actriz pareceunos espectacular.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?