Como cada ano poderemos gozar dunha obra semanal de teatro en galego todos os sábados deste mes de outubro.
En total
vanse a representar catro obras de teatro, nun ciclo moi dedicado á muller, no
que hai presenza feminina en todas as obras. As funcións serán ás 22:00 horas e
os prezos serán de 4 euros e unha tarifa reducida de 2 euros para menores de
idade.
O Circuíto
estréase o sábado 6 de outubro coa compañía A Panadería e a obra "Elisa e
Marcela", en torno ao primeiro matrimonio lésbico en Europa,
que sucedeu en 1901 na Coruña. O sábado 13 represéntase "Cranios
privilexiados...ou crítica dá razón perralleira", da compañía Mofa e Befa, unha enxebre reflexión sobre a filosofía. O sábado 20, a compañía
Chévere-Berberecheira, representará obra "Anatomía dunha serea",
interpretada por Iria Pinheiro e escrita por
ela e por María Lado que conta a experiencia do nacemento da súa primeira filla.
Os Circuítos
péchanse o sábado 27 coa obra escrita e dirixida por Cándido Pazó, "Fillos do sol" que representa a compañía
Contraproduccións.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?