24.4.18

XXII MOSTRA DE TEATRO DE ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO


Mañá bota a andar, un ano máis, a Mostra de Teatro e, tamén un ano máis, xa está o noso grupo A Replika, que este ano actúa co grupo do IES María Soliño, cos nervios dos últimos ensaios.

O dramaturgo, actor e director Cándido Pazó será o encargado de abrir esta 22ª edición, máñá ás 10.00 horas, antes de que o grupo de teatro anfitrión suba ao escenario para representar A illa amarela, de Paloma Pedrero, en adaptación e dirección de Ángel Currás. A obra parte do regreso dun pequeno grupo de valentes isleños que, despois de explorar o mundo exterior, amosan aos compañeiros os produtos que inventamos os pobos civilizados para cubrir necesidades que non o son tanto.

E logo chegará  o momento máis agardado, a representación protagonizada polo noso alumnado de teatro do noso instituto da obra Arredor de ti. A Réplika de María, baixo a dirección de Xoán Riobó, levará a escena unha historia que sucede en Ancoradouro, un chiringo de praia, un espazo de calma e tempestade, un lugar que amosa fragmentos de vida, un diálogo sobre as relacións. A ruptura, a infidelidade, a manipulación, a dificultade de relación os as diferentes tendencias sexuais son temas que percorren esta illa de liberdade e axitación.

Moita merda!!!






No comments:

Post a Comment

e ti que dis?