Un ano máis celebramos que Europa é diversa e plurilingüe e
descubrimos que o galego, como todas as linguas minorizadas do mundo, dános unha chave especial para
comprender os problemas dos conflitos lingüísticos e a necesidade de tomar medidas
para podermos garantir que todas as linguas permanezan vivas como linguas de
comunicación nos territorios que as posúen.
Enchemos un gran globo do mundo con todas as linguas que se
falan en Europa e conseguimos moitas chaves. Nos recreos toda a comunidade
educativa puido participar sacando unha lingua ao chou para cubrir a tarxeta
que tiña cada chave co seu nome e o territorio en que se fala. Así, de xeito
colectivo, fixemos no primeiro recreo un colorido cartel cheo de chaves e no segundo as tarxetas coa palabra "Gústame" en diferentes linguas formaron a chave da diversidade
lingüística e cultural. Porque é un tesouro que precisa de mimos e coidados de
todos e todas para poder seguir enriquecendo a toda a humanidade.
Tamén xogamos co alumnado máis novo ao bingo das linguas e repetimos a exposición do test das linguas con preguntas que levan a resposta tapada para que se poidan consultar.
Tamén xogamos co alumnado máis novo ao bingo das linguas e repetimos a exposición do test das linguas con preguntas que levan a resposta tapada para que se poidan consultar.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?