Os máis pequenos son o futuro do galego e o EDLG de 2º da ESO quixo implicarse na transmisión da nosa lingua escollendo cinco historias cheas de imaxinación e vaolores positivos coas que compartimos unha hora de diversión.
Amelia quere un can ensina como a intelixencia dunha cativa consegue convencer aos maiores para que se cumpra o seu maior desexo.
Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis levou un bo susto e pensou que só ía ter carbóns. Neste conto descubrimos o sentido do humor dos Reis Magos que converteron o último vagón do tren que quería Martiño nun penico.
A Princesa Sabela aprendeunos que é moito máis divertido e estimulante traballar e esforzarse por unha mesma porque descobres cousas novas e podes vivir moitas aventuras. Ser princesa e deixar que outros fagan todo por ti é aburrido, aburrido, aburrido...
Con O Papón aprendemos que para convencer a alguén de que deixe de facer algo que non nos gusta, comerse xente neste caso, funciona, moito mellor que a forza bruta, o cariño e deixalo formar parte do noso grupo de amigos.
Os tres bandidos decatáronse de que nada nos fai tan felices como gastar o diñeiro e as riquezas que gardamos na felicidade dos demais.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?