O gran debuxante do Morrazo, Davila “O Bichero”, é un exemplo a seguir
de creatividade, retranca e ollada crítica da nosa sociedade. Agradecémoslle
que nos prestase a súa idea para lanzar a nosa campaña de denuncia das
desigualdades no ámbito das tarefas domésticas no concurso do Día da muller. O
EDLG reproduciu na planta baixa do instituto a completa mesa de ferramentas do
fogar que debuxou Davila no seu chiste de denuncia como punto de partida dun
xogo no que o alumnado falou en galego sobre a ferramenta que lle tocou en
sorte, se a coñecía, se sabía empregala, quen a empregaba na súa casa…
procurando unha reflexión sobre a responsabilidade compartida das tarefas do
fogar.
Moitas foron as aulas que traballaron desde as titorías buscando
información para denunciar as desigualdades de xénero que aínda existen hoxe no
mundo ou para reflexionar a partir dos poemas de Penúltimas tendencias
de Carlos Negro.
E tamén prestando a súa imaxe para reclamar a igualdade desde as
paredes do instituto.
O alumnado de Debuxo artístico dedicou un mes a coñecer o traballo de
mulleres artistas, moitas veces invisible, realizando uns traballos en acuarela
inspirados na obra de Marion Bolognes.
Ademais, todo o alumnado de
4º participou, como xa é tradición, na xincana de tarefas domésticas, procurando
a superación de prexuízos relacionados coa muller e co galego. Competiron, mentres falaban en galego, pola correcta e rápida realización das
seguintes tarefas:
-coser un botón:
-preparar unha torta de
galleta e chocolate que puideron comer ao día seguinte no recreo
-arrombar o cuarto:
-tender, dobrar a roupa e pasar
o ferro:
-colocar un colgadoiro con
trade e desaparafusador:
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?