Rosalía está de día e hai que celebralo. Por iso a entrada do
instituto encheuse cun gran corazón feito coas moitas fotos e carteis da nosa
escritora máis recoñecida.
E, por suposto tamén cos seus versos. Traballamos os poemas nas aulas
e invitamos ao alumnado a actualizalos, identificándose cos sentimentos, as
denuncias, os compromisos e os gustos da nosa escritora. Os taboleiros da
planta baixa enchéronse de cores, versos e bocadillos inspirados neles.
Tamén gravamos un vídeo para participar na campaña “Eu son Rosalía”
organizada pola AELG.
eu son
Rosalía... from quendadeira
on Vimeo.
E, como o curso pasado, participamos nun vídeo-poema colectivo sobre
un texto de Rosalía con todos os centros do Morrazo a partir dunha proposta do
Ceip Sequelo: Rosalía nas ondas do mar.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?