E chegou o derradeiro día
de clase deste primeiro trimestre e con el a festa de Nadal para o alumnado dos
equipos. Cada un presentouse a través dun vídeo musical en galego co que nos
invitaron a todos e todas a cantar e bailar. Pasámolo xenial!.
1º da ESO escolleu para
nós unha canción de Sinchán que versiona de xeito divertido os versos do noso
poeta Celso Emilio Ferreiro.
4º da ESO bailou disco co tema Búscame de Miguel Valbuena Vs Dj Piñas and Ramón Gz Feat, cantado por Leyla.
4.-4ºeso from lingualiza1 on Vimeo.
1.- shinchan 1 eso
from lingualiza
on Vimeo.
2º da ESO decidiu levar o
galego aos máis pequenos. Para iso pedimos ao profesorado de infantil do
colexio da Rúa, o máis próximo ao instituto, que todos os nenos e nenas
aprendesen a canción. O alumnado de 2º preparou o vídeo e desprazouse ao cole
para facer a gravación.
2.-2ºeso
from lingualiza1
on Vimeo.
4º da ESO bailou disco co tema Búscame de Miguel Valbuena Vs Dj Piñas and Ramón Gz Feat, cantado por Leyla.
4.-4ºeso from lingualiza1 on Vimeo.
E nós, o alumnado de
Bacharelato escollemos o tema Terra
de Dakidarría que versionamos, cantamos e gravamos nun videoclip.
O EDLG ten o profesorado
con máis marcha do instituto. Escolleron un tema de Nao: Heroes da resistencia e fixeron este vídeo no que volven á mirada
atrás, ao anos que levan tirando de nós e animándonos a falar en galego,
mentres ía medrando a súa amizade até convertérense nunha familia.
No comments:
Post a Comment
e ti que dis?