13.2.19

+PHOTOCALL

Gran éxito do noso fotocall. Mañá remata. Non deixes de pasar se queres recibir por correo unha divertida foto cunha dedicatoria de amor ou amizade.






































11.2.19

CONTAXIA AMOR E AMIZADE NA NOSA CAIXA DE CORREOS

Lembra que na entrada do instituto está a caixa de correos para recoller as cartas e mensaxes que queiras enviar a esas persoas especiais para ti. 
 No recreo poderás recoller corazóns que se converten en sobres para enviar a túa mensaxe. 


10.2.19

CONTAXIA AMIZADE EN FOTOS DEDICADAS

Xa tes a túa foto dedicada en galego? Que estás esperando? Achégate nos recreos e inspírate nos versos dos nosos poetas.












 

8.2.19

CONTAXIANDO POESÍA

Hoxe coñecemos a Antonio García Teijeiro, un poeta entregado á causa de contaxiar poesía á mocidade e aos nenos e nenas. Contounos que o que o inspiraba para escribir era o que sucedía na rúa, que chegou á poesía pola música pero axiña se converteu nun gran lector de poesía. Escribir deu saída a súa indignación co mundo nos anos da ditadura nos que viviu a súa infancia e a música e a lectura converteron os seus sentimentos en poesía.

 Contestou a todas as nosas preguntas


 invitounos a recitar con el 


e ata cantamos os seus poemas! 



5.2.19

POEMAR O MAR

Achégase a visita de Antonio García Teijeiro para encontrarse co alumnado de 1º da ESO na biblioteca do centro. 


 Pedímoslles que, para estaren ben preparados, escollesen os seus versos preferidos. Convertemos a parede da entrada nun gran mar de papeis azuis e invitámolos a habitalo cos versos convertidos nas formas marinas que fosen quen de imaxinar. 
Así foi como se atreveron a poemar o mar.




















1.2.19

CONTAXIA AMOR E AMIZADE

Mañá celébrase a Candeloria e con ela comeza un novo ciclo. Os días comezan a medrar e a natureza prepárase para o amor. E nos non imos ser menos. Arrinca hoxe a nosa nova campaña "Contaxia amor e amizade" na que vos invitamos a expresar en galego os vosos sentimentos máis profundos polas persoas que camiñan ao voso carón. Para iso aprendemos dos e das nosas grandes poetas. Atoparás o centro cheo dos seus versos para que te inspires nas dedicatorias para o photocall e para as cartas de amor. 
Anímate a participar!